Skip to main content
Paradela

A banda municipal de Paradela tocará na parroquia das Cortes

Por 29 Xullo, 2021Xullo 30th, 2021Sin comentarios

O Concello de Paradela anuncia que para o vindeiro domingo 1 de agosto ofrecerá un concerto da banda municipal de Paradela.

O concerto realizarase na parroquia de San Salvador das Cortes, despois dos pasarrúas que comezarán a andar a partir das 14 horas. Unha xornada que entra dentro do programa Resoando no Camiño Francés e que pretende amenizar o domingo dos veciños e veciñas que o desexen, así coma dos peregrinos e visitantes que se atopen no pobo.

Desta maneira, lémbrase que se deberán levar a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes para poder disfrutar, así, dunha xornada de música tradicional en directo.

Así mesmo, esta programación tamén estará en outras vilas coma Triacastela, Samos, Portomarín e Sarria, entre outras.