Skip to main content
Samos

Samos acolle o concerto da Quenlla e a inauguración dunha exposición

Por 3 Xullo, 2021Sin comentarios

A exposición De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos, inaugurouse no día de onte no Concello de Samos.

Trátase dunha mostra que transmite e fai visible a importancia da lírica galega na Idade Media. É de carácter divulgativo, axudando a coñecer a Martín de Padrozelos, que no dicir do profesor, Xulio Pardo de Neyra, é o primeiro escritor coñecido da literatura galega, “un poeta cuxo nome sería Martin Pérez de Padrozelos, con vinculacións co mosteiro de Samos e as terras do Incio, fundamentalmente de San Salvador e o Val do Mao.

O grupo A Quenlla musicou as dez cantiagas deste trobador e, segundo anunciou o alcalde de Samos, Julio Gallego, acturá nesta localidade o día oito de agosto, nun concerto especial con estas dez cantigas. O concerto será presentado polos promotores do proxecto Martín de Padrozelos, andares pola lírica galega, promovido pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), impulsado e coordenado polo xornalisla Luís Celeiro