Skip to main content
Samos

Samos aproba a adxudicación dun automóbil pick up

Por 11 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Samos aproba o expediente de contratación do suministro dun vehículo ao que destina algo máis de 27.000 euros. O vehículo é unha camioneta pick up que ten como finalidade levar a cabo diferentes servizos municipais.

Dende o día 22 de xullo, todos os interesados e interesadas poderán presentar a súa oferta no Concello de forma presencial, de luns a venres de 9.00 a 14.30 horas. Así pois, a adxudicación farase mediante procedemento aberto simplificado sumario.

Para máis información ou para calquera dúbida pódese contactar co Concello a través do teléfono 982 546 002 ou na páxina web.