Skip to main content
Samos

Chega a III Feira do turismo e do peregrino de Samos

Por 18 Xullo, 2021Xullo 19th, 2021Sin comentarios

Xa está publicado o cartel da III Feira do turismo e do peregrino de Samos. O festexo será o vindeiro 8 de agosto no campo da festa de Samos. Así pois, a xornada contará con actuacións e actividades -ás que se suman as de ese mesmo día promocionando o Xacobeo 2021-2022-.

As actividades de promoción do Xacobeo serán levadas a cabo pola mañá, sen embargo, a Feira do turismo e do peregrino dará comezo ás 16 horas cunha exposición de artesáns. Así mesmo, reproducirase un vídeo promocionando o turismo en Samos, así coma o Camiño de Santiago.

A música, o ritmo e o baile virá a cargo dunha actuación da orquestra La Ocaband e Pili Pampín, que será ás 19 horas. Así pois, remata desta maneira unha festa diferente, con bo ambiente e con actividades e espectáculos para poder disfrutar da vila de Samos.

Así pois, dende o Concello informan que haberá servizo de pulpería durante a xornada e que, por protocolo covid, o aforo será limitado. Así pois, a entrada é de balde solicitandoa por correo electrónico ao enderezo concello.samos@gmail.com; con nome, apelidos, teléfono e nome do evento o que se desexa asistir.