Skip to main content
Sarria

Aberto o prazo de matrícula na escola de música de Sarria

Por 1 Xullo, 2021Xullo 3rd, 2021Sin comentarios

O Concello de Sarria xa publicou as bases que rexerán o proceso de matriculación na Escola municipal de música para o curso 2021/2022. As solicitudes das persoas interesadas presentaranse de forma presencial nas instalacións da Escola de Música de Sarria, sita na rúa Pedro Saco en horario de 10.00 a 14.00 horas.

O número de prazas ofertadas fora das de continuidade farase público no momento en que finalice o prazo de matrículas dos alumnos que continúen a súa formación musical na escola.

Así pois, os prazos dependerán de si se trata de novas matrículas ou de si son matrículas de continuidade. Os alumnos e alumnas da escola con reserva de praza terán do 1 ao 9 de xullo para matricularse -ambos inclusive-. Os alumnos e alumnas matriculados durante todo o curso anterior á presente convocatoria en música e movemento que solicitan instrumento por primeira vez (matrícula preferente) terán do 12 ao 16 de xullo -ambos inclusive-. Nesta caso, será requisito imprescindible que o ano de nacemento do alumno sexa 2015 ou anterior.

Finalmente, os alumnos de novo ingreso (nova matrícula) atoparanse no último prazo e terán dende o 19 ao 23 de xullo -ambos inclusive-.

Para inscribirse, as persoas interesadas deberán presentar: a solicitude en modelo específico debidamente cumprimentado. O modelo de solicitude estará dispoñible en formato PDF autoeditable na sede electrónica do Concello de Sarria e na páxina web www. Sarria.es, así como en formato impreso na propia Escola Municipal de Música. No caso de alumnas/os menores de idade, a solicitude deberá ir asinada pola nai, pai, ou persoas que representen legalmente ao menor. A fotocopia do DNI da persoa interesada maior de idade, ou da nai, pai, ou persoas que representen legalmente á nena ou neno no caso de menores de idade e a fotocopia do DNI da/o titular do número de conta bancaria onde se desexe domiciliar o pagamento dos recibos no caso de non coincidir a/o titular da conta coa persoa asinante da solicitude.

Dende o Concello de Sarria animan a inscribirse a todos aqueles e aquelas que desexen aprender e disfrutar da música dunha maneira máis educativa.