Skip to main content
SamosSarria

Comezan as obras en dúas estradas que comunican Sarria e Samos

Por 12 Xullo, 2021Xullo 14th, 2021Sin comentarios

Xa se iniciaron os traballos de mellora de dúas estradas provinciais ao seu paso por Sarria.

Trátase da LU-P-5602, que une Sarria con Samos por Pintín; e a LU-P-5702, de Pedrafita a Vilanova de San Vicente por Sabadelle, actuacións ás que a Deputación de Lugo destina un investimento de 200.000 euros.

Estas dúas estradas son eixos fundamentais para as comunicacións da veciñanza da comarca. Os traballos consisten na reapertura de cunetas, pavimentación en quente e sinalización horizontal mediante marcas viarias brancas. 

Na  LU-P-5602, que pasa polas parroquias de Calvor, Aguiada e San Mamede do Camiño, mellora un treito de 2 quilómetros, dende o punto quilométrico 15,5 ata o 17,5. Estas actuacións engádense ás xa executadas con 173.000 euros entre os puntos 11,8 e 15,4. Coa realización destes traballos, beneficiaranse preto de 300 veciños da zona e peregrinos, posto que se atopa no Camiño Francés.

Na LU-P-5702, acondiciónanse os primeiros 2,6 quilómetros desta estrada que comunica os concellos de Sarria e Samos e conecta os núcleos rurais do Mato, Santo Estevo, San Vicente de Froián, Suñide e Teibilide.

A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo presidente no orzamento da Deputación para este ano 2021, no que decidiu aumentar as partidas para as estradas nun 14%, ata acadar os 16 millóns de euros.