Skip to main content
Sarria

Aberto o prazo de inscrición para o II Open vila de Sarria

Por 14 Xullo, 2021Xullo 16th, 2021Sin comentarios

Chega a Sarria o II Open vila de Sarria, un torneo de tenis que se levará a cabo dende o 26 de xullo ao 1 de agosto e que xuntará a xogadores e xogadoras de todas as categorías federadas, así coma as que non o están. Unha cita única no ano, imprescindible para todas aquelas persoas amantes do tenis.

Para participar é preciso inscribirse antes do 21 de xullo na páxina ibertenis.com. O sorteo para coñecer os enfrontamentos dos que se poderá disfrutar no torneo realizarase o 22 de xullo ás 20 horas.

Para todas aquelas persoas que estén interesadas en participar, poderán facelo na categoría alevín masculino e femenino, infantil masculino e femenino, cadete masculino e femenino, junior masculino e femenino e absoluto masculino e femenino -esto nas categorías federadas-. Así pois, tamén haberá unha competición absoluta masculino e femenina, así coma dobres masculino e femenino, na categoría non federada.

Dende a organización recordan que todos os xogadores e xogadoras deberán ser responsables de saber día e hora dos seus partidos e, de feito, pódese indicar a disponibilidade horaria na inscrición para poder xogar os partidos con garantías. Para coñecer os cuadros e o calendario de xogo é preciso entrar na páxina ibertenis.com.

Para máis información ou para calquera dúbida pódese contactar co enderezo electrónico info@amrtenisarria.com ou no número de teléfono 645 970 641.