Skip to main content
Sarria

Xa hai prazos de matriculación para a sección de Sarria na EOI de Lugo

Por 19 Xullo, 2021Xullo 20th, 2021Sin comentarios

Xa está anunciado o cartel de matriculación para a sección de Sarria na Escola Oficial de Idiomas. Así pois, pódese estudar inglés dende o nivel A1 ata o nivel C1.1. Os horarios dependen do nivel, sen embargo, para todos os niveis son dous días e dúas horas cada día.

Para matricularse é preciso facer a preinscripción na web do 1 ao 14 de setembro. A lista de admitidos sairá o 18 de setembro na web e, no caso de estar admitido, haberá que matricularse do 18 ao 30 de setembro. Así mesmo, será preciso presentar a documentación requerida a través da aplicación dentro do prazo establecido.

A idade coa que se pode acceder á Escola de Idiomas é dende os 16 anos -inclúe cumplilos antes do 31 de decembro do 2021-. Ou ben aos 14 se non cursas inglés como primeira lingua no instituto.

Para poder entrar nun curso superior poderase realizar unha proba de clasificación na que se indica en que curso estará máis cómoda a persoa interesada según o nivel. Para a proba de clasificación as datas de inscrición son do 9 de xullo ao 8 de setembro.

Para máis información pódese acceder á web ou contactar co enderezo electrónico extension.sarria@gmail.com ou no teléfono 982 870 790.