Skip to main content
Sarria

O PP de Sarria insta o arranxo do Mazadoiro

Por 20 Xullo, 2021Sin comentarios

Dende o Partido Popular de Sarria instan ao propio Concello de Sarria a que se amañe O Mazadoiro. Desta maneira, sinalan que se trata dunha curva perigosa e “de gran feísmo urbanístico en estado de abandono polo Concello de Sarria dende fai máis de dous anos”.

Así mesmo, defenden que no pleno de decembro do 2019, chegouse a un acordo para arranxala e urbanizala, sen embargo, un ano e sete meses despois, Camiña Sarria continúa sen facer ningunha intervención nesa zona da vila.

O PP engade tamén, que no pleno de febreiro de 2020 voltou o acordo para o seu posterior arranxo urxente debido a situación na que se atopa pero, despois de algo máis dun ano, a situación segue sendo a mesma.