Skip to main content
Sarria

Outro ano máis sen Noite Meiga en Sarria

Por 23 Xullo, 2021Xullo 24th, 2021Sin comentarios

A celebración do medio siglo de vida da Noite Meiga de Sarria tense que atrasar un ano máis, despois de cancelarse xa o ano pasado a causa da situación sanitaria. Desta maneira, posponse un ano máis -para 2022- a festa coa que a vila de Sarria despide o verán.

Sen embargo, a pesar de que a festa non se vai a levar a cabo a causa das restriccións sanitarias, os organizadores, Meigas e Trasgos, prevén organizar o último sábado de agosto -o día 28- algún pequeno acto. Unha das opcións, de feito, é realizar algunha actuación do colectivo.

Desta maneira, Meigas e Trasgos retrasa un ano máis a celebración da 50 edición xa que o que se busca é unha xornada festiva na que participe multitude de xente, algo que, debido ás limitacións e a actual situación sanitaria, non se pode facer.

Por outro lado, o domingo despois da Noite Meiga, que este ano cae a 29 de agosto, celebrábase a Festa da Empanada ou Tardiña Meiga un acto que dende a organización queren realizar. A Festa da Empana contan realizala xa que se trata dunha degustación cunha separación suficiente para non ter riscos de contaxios. No caso da Tardiña Meiga, sempre se realizaron actividades para nenos e nenas que este ano se queren levar a cabo.

Unha xornada histórica que naceu no ano 1971 e que se leva celebrando dende daquelas, xuntando veciños e veciñas de Sarria e de vilas próximas,  unha noite chega de maxia, ilusión e meigas.