Skip to main content
Sarria

Abraham Cupeiro conecta o ancestral coa modernidade nun concerto en Sarria

Por 24 Xullo, 2021Sin comentarios

Abraham Cupeiro chega a Sarria o domingo 25 de xullo para presentar o proxecto Resoando no Camiño Francés, un ciclo de seis concertos nos que empregará instrumentos da antigüidade. Desta maneira, Cupeiro realiza unha viaxe pola historia a través da música en enclaves únicos do patrimonio galego.

O músico sarriao, que recupera instrumentos perdidos no tempo para crear novas sonoridades, inicia unha serie de concertos en municipios do Camiño Francés, entre os que se encontra Sarria onde actuará o domingo.

O espectáculo levarase a cabo no albergue monasterio da Magdalena -todas as actuacións localízanse en monumentos patrimoniais- para conectar o ancestral coa modernidade a través de instrumentos do pasado.

O karnyx, unha trompeta celta da Idade de Ferro, ou a corna, que aparece xa nos textos de Alfonso X, son algúns dos instrumentos que recupera o músico. Cupeiro non só mantén unha búsqueda incesante das fontes orixinais, senón que as funde co contemporáneo para crear un novo e sorprendente discurso.

O concerto será ás 20 horas e, nel, disfrutarase da música dunha forma diferente, na que se une a historia cun resultado único e especial.