Skip to main content
Sarria

Volve o Esmorga Fest a Sarria

Por 24 Xullo, 2021Xullo 26th, 2021Sin comentarios

Chega o Esmorga Fest nun formato máis pequeno e diferente, pero coa misma esencia ca sempre. Un festival independiente, de música alternativa que naceu de casualidade e que se mantén dende o ano 2015 en que se celebrou a primeira edición.

Este ano tan só se celebrará no día de hoxe con catro concertos que se levarán a cabo a partir das 19 horas. O primeiro grupo en actuar é Monteperdido, unha banda madrileña que naceu no 2019 chea de enerxía que encherá Sarria de bo ambiente. A continuación, ás 20 horas será o turno de Depresión Sonora, quen poñerá un ritmo máis rockeiro.

Ás 21 horas será o turno do grupo galego Holywater e, para rematar, ás 22.10 horas, os vellos coñecidos da escea de rock do País Vasco, Niña Coyote eta Chico Tornado, serán quenes poñan o broche final a unha xornada festivaleira con bo ambiente e con estilos similares pero á vez diferentes.

Dende a organización recordan que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias vixentes; emprego de máscara, de xel hidroalcohólico e de distancia de seguridade. Así mesmo, a entrada realizarase pola rúa Castelao, e as portas abriranse as 18.00 horas polo que se recomenda ir con tempo suficiente. A medida que se vaia entrando, os acomodadores guiarán ata o asiento correspondente -os postos son por orde de recinto-.

Para finalizar, tamén recordan que non se disporá de postos de comida -pódese levar- pero non se poderá introducir bebida no recinto, o que sí que haberá, será barra para consumir.