Skip to main content
Sarria

O PP de Sarria critica o estado do polígono industrial O Morelle

Por 26 Xullo, 2021Xullo 27th, 2021Sin comentarios

O Partido Popular de Sarria critica o estado do polígono industrial O Morelle, onde non se realizou ningunha actuación en 9 meses dende a reunión realizada. Así pois, sinalan que “só houbo parálise e mentiras do goberno municipal”.

Por outra beira, consideran que non hai rastro da prometida comercialización e venta de parcelas da que se había falado. Tampouco “da prometida urbanización da segunda fase, nin do prometido solo industrial”.

Por estas razóns, dende o Partido Popular consideran que outros Concellos continúan en crecemento a través de iniciativas e actuacións e, mentras, “Sarria perde tódolos trens”.