Skip to main content
Triacastela

Triacastela acolle o curso Paisaxes con enerxía no mes de setembro

Por 8 Xullo, 2021Sin comentarios

O curso Paisaxes con enerxía, organizado e dirixido por Rubén C. Lois González e Marta Somoza Medina, trasladará a Universidade de Verán 2021 ao Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela entre os días 6 e 9 de setembro. As persoas interesadas en consultar o programa poden facelo a través da páxina da USC. A oferta desta edición inclúe en total 31 cursos, seminarios e encontros nos Campus de Santiago e Lugo, así como en diferentes concellos da provincia.

O número de prazas do curso é de 24 polo que é preciso inscribirse antes do 25 de agosto. Durante estes catro días realizaranse charlas sobre a paisaxe e sobre as diferentes enerxías, así coma traballos en grupo e excursións para unha noción maior das aprendizaxe adquirido.

Unhas xornadas que buscan enriquecer aos participantes con coñecementos teóricos que poden visualizar ao aire libre e compartir a través de traballos e actividades en grupos.