Skip to main content
Triacastela

O centro de saúde de Triacastela restablece o servizo médico

Por 13 Xullo, 2021Sin comentarios

Dende o Concello de Triacastela informan que se restablece o servizo médico tal e como se viña prestando, con atención médica e citas presenciais de luns a venres, sen a necesidade de desprazarse a outros lugares.

Así mesmo, os doentes poden pedir as súas citas como viña sendo habitual.

Esta situación vén dada despois de que a corporación municipal de Triacastela aprobara por unanimidade nun pleno extraordinario unha moción do equipo de Goberno para que o Sergas restaurara o servizo médico tal e como se viña prestando e sume un reforzo de enfermería cun ATS.

Así mesmo, a esto engadiuse que o Goberno de España convoque unha proba de acceso MIR de forma extraordinaria que permita cubrir as baixas dos médicos nos centros de saúde, nomeadamente no de Triacastela.