Skip to main content
Triacastela

O proxecto Resoando no Camiño Francés chega a Triacastela

Por 27 Xullo, 2021Xullo 28th, 2021Sin comentarios

Abraham Cupeiro ofrece un concerto en Triacastela o vindeiro domingo 1 de agosto para presentar o proxecto Resoando no Camiño Francés, un ciclo de seis concertos nos que empregará instrumentos da antigüidade. Desta maneira, Cupeiro realiza unha viaxe pola historia a través da música en enclaves únicos do patrimonio galego.

O músico sarriao, que recupera instrumentos perdidos no tempo para crear novas sonoridades, inicia unha serie de concertos en municipios do Camiño Francés, entre os que se encontra Triacastela, Palas de Rei, Melide e Arzúa. O pasado 24 de xullo xa actuou en Monterroso e o día 25 fíxoo en Sarria.

O espectáculo levarase a cabo na albariza de Pedro Pardo -todas as actuacións localízanse en monumentos patrimoniais- para conectar o ancestral coa modernidade a través de instrumentos do pasado.

O karnyx, unha trompeta celta da Idade de Ferro, ou a corna, que aparece xa nos textos de Alfonso X, son algúns dos instrumentos que recupera o músico. Cupeiro non só mantén unha búsqueda incesante das fontes orixinais, senón que as funde co contemporáneo para crear un novo e sorprendente discurso.

O concerto será ás 13 horas e, nel, disfrutarase da música dunha forma diferente, na que se une a historia cun resultado único e especial.

Para poder asistir é preciso reservar as entradas chamando ao teléfono do Concello de Triacastela 982 548 147.