Skip to main content
Triacastela

Triacastela non celebrará San Mamede con verbena pero sí con actuacións

Por 30 Xullo, 2021Sin comentarios

Triacastela non celebrará con festas e verbenas a súa festividade local, o San Mamede. Así pois, a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, informou que a romaría típica do pobo non se levará a cabo.

A capela de San Mamede, que tan só abre unha vez ao ano -17 de agosto- para acoller a misa na honra do patrón, quedará un ano máis selada. Sen embargo, a vila non quedará sen ningunha actividade xa que, nese día, haberá unha actuación de maxia do mago Antón.

O espectáculo denomínase A volta a Galicia en 313 Concellos e comezou cando o Mago Antón, no 2018, emprendeu unha nova aventura no magomobil coa idea de achegar a maxia a todos os concellos de Galicia. Estas representacións suelen estar limitadas cun máximo de 70 espectadores por función e están dirixidas a todos os públicos.

Unha actuación que traerá ilusión e humor nunha xornada diferente, chea de maxia para que os máis pequenos e os maiores disfruten dun espectáculo que chega a todos os recullos de Galicia. Así mesmo, a esta actuación súmase o concerto da banda filarmónica de Lugo, que tocará nun día ameno no que se unirá a música e a maxia.

Por último, hai que recordar que o 7 de agosto haberá un concerto de Emilio Rúa, cantautor ourensán que chega a Triacastela con moitas gañas de pasalo ben e de compartir coa vila a súa música. Dende o Concello informan que aínda non está a data fixada e que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.