Skip to main content
Axenda Caducada

Arrincan os Serán Musicais en Vilalba con Buxos Verdes

Por 8 Xullo, 2021Agosto 13th, 2021Sin comentarios

O grupo de música tradicional Buxos Verdes arrincará na xornada de mañá, 9 de xullo, o ciclo Seráns Musicais, que levará a cabo todos os venres de xullo e agosto dentro do programa estival Lecer Cultural posto en marcha polo Concello de Vilalba.

A agrupación local iniciará a partir das 21.00 horas un percorrido polas rúas do centro urbano. Seguirán o próximo vernes coa Charanga de Vilalba e o 23 de xullo será Entre Lusco e Fusco o que ofrecerá un novo concerto.

Nos seguintes venres sucederanse os concertos de Axóuxere de Roupar, a Banda de Gaitas de Mato Vizoso e a AC de Andrade, poñendo a clausura o 13 de agosto.

Ademais, o día 25 de xullo, coincidindo co Día de Galicia, ás 13.00 horas actuará a Banda de Música de Vilalba, ás 13.00 horas na praza da Constitución.