Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Castro aproba un orzamento de 4,7 millóns de euros

Por 31 Xullo, 2021Agosto 1st, 2021Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei aprobou, cos votos a favor do grupo de goberno do PP e a abstención de PSOE e BNG, un orzamento de 4.766.806,48 euros, dos que uns 800.000 irán destinados á mellora de estradas.

De feito, entre as reservas de cartos máis importantes para este exercicio figuran contarán con axudas do plan único da Deputación, o plan marco autonómico e outra de Vicepresidencia da Xunta para a mellora de accesos.

As contas son inferiores ao pasado exercicio, aínda que os investimentos non serán menores xa que algunhas obras quedaron pendentes e por iso non figuran nos orzamentos deste ano xa que estaban no pasado e se farán con cargo ao remanente. Entre elas figura a primeira fase da rede de abastecemento de auga en Castro, á que se destinan 680.000 euros, achegados nun 80% por Augas de Galicia e o resto polo Concello. Nesta situación tamén está a segunda fase da mesma obra, que ten un orzamento de 400.000 euros.

Ademais das obras, tamén haberá cartos para persoal, 4,7 millóns de euros, que supón un 25% do total (preto de 1,19 millóns), mentres que
a máis elevada é a de gastos correntes en bens e servizos, que leva a metade dos fondos.

Pola súa banda, o área de servizos sociais incrementa a súa partida con 400.000 euros máis que o ano pasado.

No capítulo de ingresos, figuran preto dun millón de euros de impostos directos, medio millón en taxas e prezos públicos, outro medio en transferencias de capital e máis de dous millóns en transferencias correntes.