Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

As obras obrigan a cortar o tráfico nun tramo da AG-64

Por 28 Xullo, 2021Sin comentarios

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade retomou este martes os traballos de rehabilitación estrutural do firme na autovía AG-64 (Ferrol-Vilalba) na provincia de Lugo, concretamente entre o enlace de Cabreiros, punto quilométrico 42+500, e o final na intersección coa Autovía do Cantábrico A8, no 55+900.

Para executar estas obras coa maior seguridade posible, tanto para os usuarios da vía como para os traballadores, faise obrigado o corte dunha calzada da autovía, de modo que o tráfico en sentido As Pontes será desviado pola estrada LU-861.

O período inicial estimado de execución desta segunda etapa dos traballos e de afección ao tráfico será de 4 semanas, podendo variar en función das condicións meteorolóxicas.

Esta intervención, que conta cun orzamento superior a 1 millón de euros, foi desenvolvida nunha primeira etapa entre agosto do pasado ano e ata o outono. As características dos traballos que se acometen, que implican a rehabilitación do firme ata as capas máis profundas no citado tramo de 13,5 quilómetros da lonxitude vía, fai necesario a súa execución en condicións axeitadas dende o punto de vista meteorolóxico.

Os traballos prevén a rehabilitación do firme nos tramos que presenten carencias para prolongar a vida útil do pavimento, mediante o fresado e reposición do firme existente con mestura bituminosa en quente ou o seu recrecido con microaglomerados segundo as necesidades.

Ademais, como actuacións complementarias executarase o repintado da sinalización horizontal e unha mellora puntual da drenaxe.