Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O Vilalbés renova ao adestrador e aos xogadores máis destacados

Por 12 Xullo, 2021Sin comentarios

O Rácing Club Vilalbés rematou nunha cómoda cuarta posición a fase regular da competición en Terceira División e accedeu a disputar os play off polo ascenso a 2ª B. Por só un punto non entrou no grupo que loito directamente polo título e tamén un punto foi o que o separou da ansiada loita final polo cambio de cantegoría.

Pecha así unha gran tempada, ao término da cal comunicou a renovación por unha tempada máis do adestrador do máximo equipo, Simón Lamas, que compite na Terceira División.

Con esta renovación, Lamas, cumplirá a cuarta tempada defendendo as cores verdivermellas, polo que pasa a ser o adestrados de máis lonxevidade no club, malia ser un dos máis mozos. “Agardamos que a tempada 21/22 nos permita volver a todos á ansiada normalidade e que poidamos desfrutar sen incidencias”, din dende a directiva.

Así mesmo, tamén renovaron Rumbo, o porteiro; os tres capitáns, López, Make e Vérez e subiu ao primeiro equipo Rares.

Tamén renovaron Buyo, os irmáns Varela,  Ángel, Cuadrado e Pedrosa. Ficharon polo momento a catro xogadores, o defensa Jorge Tomé que vén do Arzúa, e dous dianteiros, Vela, que o ano pasado estivo en Bergantiños, e Otero, que vén do Paiosaco. O último foi Ángel Fraga, porteiro procedente do Polvorín e vello coñecido do Vilalbés.

Danse de baixa Muíña, que deixa a competición de alto nivel; Javier Pita, Santi Gegunde e Javi Sandá.