Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O venres dará comezo a II Ruta Solidaria do Tríatlon Vilalba

Por 26 Xullo, 2021Xullo 27th, 2021Sin comentarios

Cruz Vermella de Vilalba prepara a segunda edición da carreira solidaria en bicicleta, que este ano terá lugar a partir deste venres, 30 de xullo.

Os participantes, un total de nove ciclistas, percorrerán a distancia que separa as localidades de Irún a Santiago de Compostela e volta da cidade do Apóstolo ata a capital da Chaira. O reto é facelo nunha fin de semana.

Está organizada pola Agrupación Polideportiva San Ramón de Vilalba e Tríatlon Vilalba e ten como finalidade a recollida de doazóns para Cruz Vermella. O obxectivo deste ano será a recaudación de material escolar, destinado a nenos en risco de exclusión social.

A proba dará comezo en Irún o venres ás 6.00 horas, pasar por Vilalba o sábado sobre as 22.00 horas e regresar o domingo sobre as 16.00 horas. O percorrido dividirase en 17 etapas que se percorrerán por relevos entre tres equipos.