Skip to main content
Abadín

Abadín volverá contar cun campamento de verán

Por 11 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Abadín celebrará un campamento de verán gratuíto para nenos de 3 a 12 anos entre o día 19 de xullo e o 13 de agosto.

Os interesados en participar poderán anotarse ata o venres 16 de xullo nas oficinas do Concello en horario de 10.00 a 14.00 horas. Tamén ofrecerán información no teléfono 605 349 137 (Edita).

O campamento contará con diferentes actividades ao aire libre como unha ruta en bici, kayak, inchables na Roxica, tiro con arco, obradoiro de reciclaxe e xogos musicais e tradicionais ademais de facer un día á semana en inglés.

Debido á situación procovada polo covid-19 relizaranse as actividades nas que se manteña a seguridade dos nenos e dependendo das condicións meteorolóxicas poderanse cambiar as actividades. Este ano abrirán as opcións e haberá viaxe á praia, que será preto de Tapia, e kayak na zona de Abres.

As prazas establecidas para esta actividade de verán serán dun máximo de 50 e para garantir a seguridade dos pequenos, un socorrista estará con eles en todas as actividades de auga. O Concello está preparar a súa contratación.