Skip to main content
Abadín

O Concello de Abadín construirá unha residencia de maiores

Por 14 Xullo, 2021Sin comentarios

O alcalde de Abadín, José María López Rancaño, anunciou a construción dunha residencia de maiores na localidade. O anuncio foi realizados días despois de que un grupo de veciños demandara dita insfraestrutura na vila.

Segundo anunciou o alcalde, a residencia farase no edificio ubicado trala casa consistorial, edificiada ao lado do colexio para albergar un instituto pero que non tivo ese uso.

O edificio está situado nun solar de topografía favorable, sen desniveis importantes, parcialmente urbanizado e dotado dos servizos urbanísticos necesarios. A súa situación é óptima tamén desde o punto de vista da súa posición no centro urbano, xa que se atopa situado no Centro e moi ben comunicado, o cal facilita a mobilidade dos residentes, cun nivel de soleamiento correcto e suficiente espazo de aparcamento dispoñible.

A futura residencia estará distribuída en dúas plantas e constará de 26 habitaciones na planta alta, todas exteriores e dúas individuais con baño na parte baixa, onde estará tamén a consulta médica, unha habitación de illamento con cuarto de baño, unha enfermaría, sala de rehabilitación e polivalente, os servizos e o comedor e cociña.

O edificio dispón tamén dunha planta soto para a calefacción e servizos varios.

En total, poderá acoller 54 residentes.

Segundo explicou Rancaño, a adecuación do edificio consistirá en derrubar as divisións interiores do edificio para adecualas á normativa. Ademais compartirán co colexio o edificio central que se dividirá en ximnasio e salón de actos.

Polo de pronto o custe da obra é de 1.500.000 euros e será financiada polo Concello.

O proxecto de obra está en exposición pública na casa consistorial. De feito, o alcalde avanzou que no pleno de xullo aprobarase a desafectación do edificio para destinalo a residencia de maiores e que as obras darán comezo en breve.

“Aínda que hai de prazo un ano para acabar as obras, esperamos poder terminalo antes”, explicou Rancaño.

Tamén explicou que “decidimos acometer esta obra con fondos propios para poder facela canto antes e e utilizamos a nosa experiencia no traballo realizado no Servizo de Axuda no Fogar e no centro de día para deseñar este proxecto”.