Skip to main content
Abadín

O PSOE de Abadín reclama a mellora das vías municipais tralo arranxo das provinciais

Por 30 Xullo, 2021Sin comentarios

O voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz agradeceu o traballo do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a todo o seu equipo no ente provincial por mellorar as estradas provincias do Concello.

Díaz explicou que tras escoitar as demandas veciñais emprazaron á Deputación a realizar melloras de adecentamento e rebacheo en dúas estradas provincias. “Concretamente fixéronse labores de rebacheo na estrada provincial LU-P-0101 que une Gontán con Ferreira, e tamén na estada LU-P-0106 na parroquia de Aldixe”, remarcou.

“Para vivir e traballar no rural necesitamos unhas vias de comunicación polas que poidamos transitar con seguridade, por iso é moi necesario mellorar os nosos vias de comunicación. E dende aquí queremos emprazar ao Concello de Abadín e o todo o seu Equipo de Goberno para que se dea un paseo polas nosas parroquias e adecente tamén as estradas de titularidade municipal, como xa demandamos en reiteradas ocasións”, insistiu.