Skip to main content
BegonteRábade TERRACHÁXA

Os polígonos de Begonte e Rábade reciben unha achega

Por 9 Xullo, 2021Sin comentarios

A Xunta aprobou axudas que suman preto de 687.300 euros para impulsar obras de mellora en oito polígonos industriais de Lugo.

A resolución da orde de achegas dirixidas a concellos para modernizar as infraestruturas dos parques empresariais beneficiará aos municipios de Cervo, O Saviñao, Monforte de Lemos, Chantada, Begonte, Monterroso, A Pontenova e Rábade, onde grazas a estas axudas prevese unha mobilización final nos proxectos de 1,1 millóns de euros.

Unha desas axudas correponde a Rábade e consistirá en 40.500 euros que se destinarán á segunda fase de instalación do sistema de vídeo vixilancia en Rábade. As axudas poden alcanzar ata o 80% do importe dos proxectos cun límite de 120.000 euros para solicitudes individuais. Entre outros criterios, valórase de xeito especial que os solicitantes sexan Concellos Emprendedores.

O polígono de Begonte recibirá 29.900 euros para mellorar as infraestruturas de recollida de residuos procedentes da xestión industrial.