Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Comeza no Castro de Viladonga o campo de voluntariado

Por 5 Xullo, 2021Sin comentarios

Esta fin de semana, os participantes no campo de voluntariado organizado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, iniciaron os traballos de limpeza no castro, que se prolongarán durante a quincena e que serán o eixe principal deste campamento.

Os rapaces estarán dirixidos polos arqueólogos Álvaro Pérez e Diego Torres e a restauradora Silvia Illanes e o seu obxectivo será ter un primeiro contacto coa arqueoloxía, combinando o seu traballo con momentos de ocio.