Skip to main content
Castro de Rei TERRACHÁXADeportes TERRACHÁXA

O Castro FSF logra dous campionatos galegos na base

Por 5 Xullo, 2021Xullo 6th, 2021Sin comentarios

As xogadoras da base do Castro FSF firmaron unha fin de semana para o recordo coa consecución de dous campionatos galegos e un subcampionato.

Os conxuntos femininos de fútbol sala de Castro fixeron un gran traballo durante todo o ano para rematar poñendo a tres dos catro equipos da base na final do partido que pelexaba polo campionato galego. Só o conxunto infantil quedou polo camiño

Esta fin de semana xogouse en Noia a gran final logrando o título de campioas para as xuvenís e as cadetes. As primeiras alzábanse coa copa tras marcar 4 goles a 1 ante o Poio Pescamar e para rematar a xornada as cadetes impoñíanse ao Amarelle por 3 a 7 facéndose tamén co primeiro posto.

As alevíns tiveron que conformarse co subcampionato posto tras perder por 3-1 ante o Amarelle.

“Queremos dar as grazas a todas as xogadoras, pais e corpo técnico, grazas por nesta temporada tan atipica seguir ao noso lado, con un compromiso de 10 e máis ganas que nunca, sen vós ningún de estos titulos sería posible, sodes parte fundamental de ese club”, dixeron dende o club.