Skip to main content
Guitiriz

Comeza en Gutiriz o campus de verán da USC con 46 participantes

Por 8 Xullo, 2021Sin comentarios

Onte deu comezou o campus de verán da USC sobre Xeodiversidade e paisaxe, que se desenvolverá ata o 9 de xullo na Casa Habanera e que conta con 46 participantes.

Na inauguración da décimo terceira edición dos seminarios de verán sobre a paisaxe que desenvolve a universidade no municipio participou a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo, Pilar García Porto; a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita Urgoiti; a vicerreitora de Coord. Do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto; o director do seminario, Roxelio Pérez; e a secretaria deste, María Julia Melgar Riol.

Os obxectivos deste curso, para o que era necesario unha inscrición previa, son observar pluridisciplinarmente as moi diversas relacións enre a xeodiversidade e a paisaxe, con relatorios referidos á xeoloxía, xeoturismo, termalismo, cultura da pedra, así como a percepción artística, ao medio ambiente e a didáctica xeolóxica.

Ademais dos diferentes relatorios que se levarán a cabo durante as tres xornadas tamén haberá proxeccións audiovisuais relacionadas coa temática, un roteiro polo concello titulado Guitiriz: Pedra, Auga e Astronomía e unha exposición fotográfica baixo o nome de Litoloxía.