Skip to main content
Axenda Caducada

Guitiriz abre a inscrición dunha nova edición da Aula da Calma

Por 9 Xullo, 2021Agosto 27th, 2021Sin comentarios

O Concello de Guitiriz abre o prazo de inscrición para unha nova edición da Aula da Calma dirixida a nenos e nenas e adolescentes que se desenvolverá no verán durante o mes de agosto.

Levarase a cabo do 4 ao 27 de agosto todos os mércores e os venres na Casa Barxa. Alí, os participantes practicarán mindfullness na natureza, ioga, xogos de atención plena, diversión, música, relaxación e habilidades de afrontamento.

O prazo para anotarse remata o 2 de agosto e haberá dos grupos: de nenos e nenas de 6 a 11 anos (que comezarán ás 12 h.) e outro de 12 a 18 anos (a partir das 13 h.). A inscrición poderase formalizar a través da sede electrónica ou de xeito presencial pedindo cita previa no teléfono 982 370 109.