Skip to main content
Guitiriz

O Festival de Pardiñas lucirá un cartaz de Jorge Pérez Polín

Por 21 Xullo, 2021Xullo 22nd, 2021Sin comentarios

A comisión organizadora do Festival de Pardiñas, que chega á súa XLII edición, anunciou que este ano haberá celebración na presentación do seu cartaz anunciador, obra de Jorge Pérez Polín.

“Este artista viu a luz cando se andaba argallando a primeira edición do Festival de pardiñas, e dende aquela só faltou un par de anos por causas de forza maior. Traballador activo de Xermolos e tamén concursante no Certame de Literatura e debuxo infantil; Jorge, sen ser artista nin deseñador profesional de maneira propiamente dita, sempre lle interesou o tema, e sempre estivo disposto a facer calquera cartel, camiseta, páxina web, etc. que lle propuxeran”, describen dende a organización.

Desde os últimos anos traballa en Barcelona como autónomo, creando e deseñando accións formativas online para una chea de empresas.

“A posibilidade de facer o deseño do cartel/camisetas de Pardiñas 21 sinteuno coma unha honra e nós orgullosos e encantados de recibir este marabilloso traballo”, conclúen.

O festival terá lugar nas datas de sempre e a comisión anunciou que as novidades daranse a coñcer nos próximos días.