Skip to main content
Axenda TERRACHÁXAMeira

Meira inicia un intenso programa cultural durante o verán

Por 22 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Meira non terá festas patronais como tal pero disporá dun programa de actividades culturais e musicais para o mes de xullo e agosto de 2021.

Estas darán comezo cos Venres musicais. Desde o 23 de xullo ao 27 de agosto terán lugar actuacións musicais no exterior de formato e duración reducida. Tamén os días festivos en Meira (15 e 16 de agosto) haberá actuacións musicais da man da Escola de Música municipal de Meira e da Banda mMunicipal de Meira.

Ademais destas actuacións haberá 3 concertos (2 no interior da Igrexa parroquial: Vaamonde e Romeu, e Tango en Xan3iro; e 1 no exterior: grupo folk), os días 7, 13 e 15 de agosto, respectivamente.

Este ano celebrase tamén o 90 aniversario da declaración de monumento nacional (BIC) de Santa María de Meira (que tivo lugar o 3 de xuño de 1931). Para conmemorar esta data haberá visitas e paseos guiados gratuítos. Un deles será os mércores 28 de xullo e 11 de agosto ás 16:30 polo nacemento do río Miño e o Pedregal de Irimia, e os domingos (sen feira) 1 e 29 de agosto, ás 11:00, visita guiada á igrexa e mosteiro de Santa María de Meira.

Debido a que hai limitación de persoas para a realización de actividades guiadas é necesario inscribirse con antelación e as prazas iranse cubrindo por orde de solicitude. Faranse listas de espera por se alguén se dá de baixa e ampliaranse a máis grupos noutros horarios se a demanda requíreo.

As inscricións deben facerse no teléfono 618 679 632, no correo turismo@concellodemeira.com ou presencialmente na oficina de turismo de Meira.

A programación completarase o venres 13 de agosto cunha exposición de xoguetes artesanais de Xirapaus no Cabanón da praza do Convento. Será durante todo o día e contará tamén con visita guiada.

Tamén para os máis pequenos haberá teatro o 17 de agosto, ás 21.00 horas na casa da cultura. Será a obra Conexión Pingüin, con Luis Iglesia e Marcos Orsi.

O luns día 16 de agosto (festivo en meira) na praza maior haberá xogos e actividades para nenos e nenas.