Skip to main content
Muras

O Pleno de Muras aproba unha nova edición das axudas da luz e a estudantes

Por 11 Xullo, 2021Sin comentarios

O goberno local de Muras sacou adiante co voto unánime da corporación municipal, unha nova edición das bases de axudas ao pago da factura da luz e as de estudantes. O Concello destinará a este capítulo un total de 99.000 euros.

Nesta ocasión, ofrecen unha liña continuísta coas axudas outorgadas o ano anterior. Así haberá de novo dúas liñas de axudas, unha destinada aos autónomos, pequenas empresas ou explotacións agropecuarias radicadas no municipio, para subvencionarlles tamén o pago da factura da luz, cunha contía fixa de ata 1.500 euros.

Ademais, manterase a liña de sempre dirixida a subvencionar os gastos domésticos con unha subvención de ata 600 euros para cada familia. O que si cambia é que para chegar á máxima cuantía elévase o tope e este cobrarse en fogares con restas inferiores a 15.000 euros, cando antes eran para os de menos de 11.000 euros.

Estas novas axudas volverán convocarse no mes de febreiro, como vén sendo habitual no Concello, para cubrir os gastos do ano 2021.

O alcalde da localidade, Manuel Requeijo, manifestou que “estas axudas é o quint ano que se aproban e está claro que están para quedarse e supoñen nestes momentos que vivimos unha axuda importante xa que por exemplo para un negocio pode supoñer a axuda o custe de dous meses de electricidade”.

ESTUDANTES

Por outra parte, tamén se aprobaron as bases das axudas destinadas aos estudantes e neste sentido, mantivéronse as contías do ano pasado, e introduciuse como novidade, unha liña de axuda de 100 euros, destinada a subvencionar a contratación de internet nos fogares, posto que é necesario que os estudantes conten cunha conexión de velocidade media-alta, para combater a brecha dixital, e garantir que todo o alumnado de Muras matriculado en calquera nivel educativo conte con este tipo de conexión.