Skip to main content
Muras

Abre o prazo de inscrición para o PAI de Muras

Por 9 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Muras abriu o prazo de reserva de  praza no Punto de Atención á Infancia (PAI), que estará aberto ata o próximo día 15.

As solicitudes pódense presentar a través da sede electrónica ou no rexistro xeral do Concello de forma presencial. Tamén poden visitarse as instalacións concertando cita coa responsable do servizo, Alba Pernas, no 655 470 548.

O PAI de Muras conta cun número de prazas reducido, con estricto cumprimento das medidas de seguridade ante a covid-19 e cunha metodoloxía de calidade por proxectos.