Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O BNG de Outeiro denuncia unha parálise nas obras do centro de día

Por 3 Xullo, 2021Sin comentarios

O BNG de Outeiro de Rei esixe ao goberno municipal axilidade nas obras do futuro centro de día que “acumulan máis de 10 meses de parálise polo desleixo e a incapacidade do goberno municipal para xestionar a súa execución”. Desde a formación nacionalista lembran que non se produciu ningún avance desde setembro de 2020, cando o concello adxudicou a primeira fase do proxecto de rehabilitación e redistribución da casa reitoral, onde se ubicará o centro.

A concelleira Elvira Lombao puxo de manifesto que “o desleixo do concello respecto do tan anunciado centro de día. Levamos máis de dez meses agardando que se retomen os traballos, sen que houbera ningún avance, malia ser un servizo moi necesario para a veciñanza que desde o BNG levabamos anos impulsando”

“Cada día temos máis claro que o goberno municipal está nunha situación de abandono e incapacidade total, que se traduce tamén na falta de mantemento das pistas municipais con situacións insostibles en treitos e cruces nas que a visibilidade é practicamente nula. Pare qeu o alcalde só ten tempo e cartos para atender as súas preferencias mentras desatende as cuestións que realmente afectan a vida cotía e aos servizos que se ofrecen a toda a veciñanza”, concluíu a nacionalista.

Desde o pasado mes de setembro cando as obras da primeira fase do centro de día saíron por primeira vez a concurso, realizáronse tres procedementos de adxudicación sen que polo momento se realizases os traballos previstos.

O incumprimento do contrato por parte da primeira adxudicataria, a renuncia da segunda e o atraso no inicio das obras por parte da terceira contratista, manteñen os traballos paralizados mentras, segundo apuntan desde o BNG, “a poboación xubilada do concello ronda as 2.000 persoas, potenciais usuarias do servizo”.