Skip to main content

Esta fin de semana abriron as piscinas de Bonxe aínda que en atención aos tempos que estamos a vivir o aforo será limitado para garantir a seguridade sanitaria.

O aforo da instalación é de 82 prazas que se completará por orde de chegada e no caso de chegar ao límite pecharase o acceso.

Ademais dun límite de persoas que poden acceder á instalación está previsto tamén un límite de persoas que poden estar ao mesmo tempo na piscina que no caso da infantil establécese en 12 e na piscina grande en 40 persoas.

O horario será de luns a venres de 15.30 a 21.00 horas e os sábados e domingos pechará media hora máis tarde.

Os prezos serán de 2 euros para os menores de 18 anos empadroados en Outeiro de Rei e de 4 para os maiores. En caso de non empadroados, os prezos serán de 5 e 10 euros e os acompañantes de 2 e 4 respectivamente.