Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Abre o prazo para solicitar as actividades de maiores en Outeiro de Rei

Por 19 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei pon en marcha a onceava edición do Programa de Actividades para persoas maiores do Concello de Outeiro de Rei.

Por este motivo,  a partir do luns día 26 de xullo, abrirase o prazo de inscrición para as actividades ofertadas para 2021, concretamente para Ximnasia de mantemento e para o curso de Manexo básico do móbil e de internet.

O prazo de inscrición nestas actividades estará aberto ata o día 10 de agosto.

Igualmente, está aberto o prazo para solicitar cita para podoloxía, estas citas se tramitan no Concello de Outeiro de Rei e serán atendidas a partir de setembro.

Lembrar tamén que dentro da Programación de Actividades de Promoción da Muller 2021 pódese solicitar praza para o curso on line de Formación en novas tecnoloxías II onde se verán os seguintes contidos: citas médicas e en organismos oficiais (2 h); seguridade en internet e no móbil (4 h); aplicacións para móbiles (4 h); videochamadas (Zoom, Skipe…) (4 h); sacamos proveito á tablet (4 h). Este curso está aberto á participación de calquera persoa interesada que teña acceso a internet (preferiblemente a través de PC) e unha conta de correo electrónico;  está previsto que se leve a cabo a partir do 30/09/2021.

Pódese recibir máis información ou realizar as inscricións na Casa da Cultura, teléfono 982 393 408.