Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Presentado o equipo contraincendios de Outeiro de Rei

Por 21 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei levou a cabo a presentación na nave de servizos do polígono industrial o denominado Dispositivo para a prevención e extinción de incendios así como para a limpeza de estradas do Concello de Outeiro de Rei.

Dito dispositivo conta co apoio da Xunta de Galicia para a campaña de verán, que empezou coa roza en distintas áreas o día 1 de xullo, para logo dar paso aos labores do equipo de extinción o día 15 de xullo.

A campaña ten prevista a súa duración por espazo de 3 meses, sempre dependendo da climatoloxía.

O dispositivo conta con 2 carrocetas de incendios, 8 tractores con rozadoras e 1 vehículo todoterreo para o transporte da brigada.

O equipo complétano 5 brigadistas, 4 na condución dos camións, 8 na condución dos tractores e 2 peóns máis de reforzo.