Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O PSOE preguntará no pleno de Outeiro de Rei pola conexión da urbanización Triacqua

Por 29 Xullo, 2021Sin comentarios

A voceira do PSdeG de Outeiro de Rei, Carmen Acacio, anunciou que rexistrou unha pregunta que será debatida na vindeira sesión plenaria deste venres, coa que demanda solucións para os afectados pola conexión peonil da urbanización Triacqua. Acacio explica na interpelación que “por mor das obras levadas a cabo para construír a conexión peonil ente a urbanización Triaqua e a N- VI en Guillar aprobadas en outubro do 2019, xurdiron queixas veciñais sobre ao resultado das mesmas”.

Advirte que unha das protestas está relacionada coa parcela número 5 no proxecto elaborado polo Concello e co número de polígono 40862, que conta cunha superficie expropiada de 153,93 metros cadrados. “Estes veciños consideran que a situación na que queda a súa finca na actualidade é moi mellorable xa que non se fixo un muro de contención para evitar o posible derrubamento da senda que por alí discorre, a pesar de que hai un importante desnivel de 1’20 metros de altura entre a senda e a súa finca”.

Ademais denuncian que “o rexistro da electricidade ao que antes tiñan acceso facilmente, quedou baixo esa senda, nunha profundidade á que vai ser humanamente imposible acceder no caso de necesidade”.

Segundo trasladaron os propios afectados ás explicacións ofrecidas polo Alcalde sobre este asunto “non foi nada convincente”. “Critican que por parte do Concello non lles ofreceu unha solución inmediata. E advirten que no futuro, cando desexen construír un muro para pechar a súa finca, non van poder tocar as terras deixadas xunto ao a esta senda, xa que unha parte da súa finca da que, a pesar de non estar no proxecto de expropiación, xa non van poder dispoñer dela”.

Así as cousas Carmen Acacio quere saber “que ten pensado facer este Goberno Municipal para solucionar este agravio ocasionado por unhas obras nas que se ocupan uns metros máis dos que foron expropiados no proxecto? Van valorar economicamente o erro cometido no seu cálculo?”. E tamén quere explicacións para coñecer “como lles van solucionar o problema do acceso ás conexións da electricidade das súas fincas? Non pensan que, tal e como se atopa agora, a súa accesibilidade é imposible e están prexudicando a uns veciños co seu mal facer?”.