Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Remata a obra de mellora enerxética no CEIP Laverde Ruíz de Outeiro

Por 29 Xullo, 2021Sin comentarios

Concluíron as obras de mellora da eficiencia enerxética no CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei, nas que investiu case 216.000 euros (a actuación foi adxudicada por 215.610 euros).

Os traballos foron executados no bloque das aulas de Educación Infantil e no principal. Neste último exceptuáronse os espazos resultantes da ampliación realizada hai dous anos, na que se investiron 865.000 euros e que que xa reúne as condicións axeitadas para un menor consumo enerxético.

Así, a actuación consistiu no cambio de luminarias por outras de tecnoloxía LED, substitución de carpinterías, instalación de illamento térmico sobre forxado baixocuberta e colocación de falsos teitos nos andares baixo e primeiro.

Tamén se levou a cabo a renovación de portas, a colocación de chan tipo linóleo, a reforma de varios aseos e o pintado de fachadas.

As obras executáronse durante os últimos meses e o ritmo adaptouse ao desenvolvemento da actividade lectiva, co obxecto de que non interferir na actividade normal do colexio.