Skip to main content
A Pastoriza

Enel reparará o cruceiro do Cristo do Fiouco da Pastoriza

Por 12 Xullo, 2021Sin comentarios

A Xunta de Goberno do Concello da Pastoriza aprobou o proxecto de restauración do Cristo do Fiouco, situado no alto da parroquia de San Bartolomeu de Cadavedo.

Trátase dun proxecto no que o alcalde, Primitivo Iglesias, e a empresa Enel Green Power, responsabñe do proxecto, foron da man para conservar o patrimonio cultural.

Esta peza histórica data de finais do século XIX e a súa construción foi impulsada por dous veciños e hoxe en día son moitos os fieis que depositan flores ou velas.

A intervención, orzada en máis de 7.000 euros, inclúe unha limpeza da estrutura e o cristo, retirando vexetación ou restos vellos de ofrendas. Repararase a cuberta e selaranse as gretas da edificación, que se pintará.