Skip to main content
A Pastoriza

A Pastoriza comeza o día 4 coa recollida de enseres domésticos

Por 26 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello da Pastoriza procederá os días 4, 5 e 6 de agosto, á recollida de enseres domésticos voluminosos porta por porta.

Os interesados no servizo deberán chamar previamente ó teléfono 982 332 197 para informar dos enseres a recoller indicando nome, dirección e teléfono de contacto.

A recollida realizarase de forma domiciliaria, debendo estar depositados os enseres en lugares accesibles para a súa carga co camión pluma. Entre os residuos que se recollen admítense electrodomésticos, mobles, sofás, protas, cadeiras, caixas e listóns de madeira, persinas, xoguetes rotos, etc.

Por outra banda, aclaran que non se recollerán escombros, sanitarios ou obxectos xerados por reformas de vivendas.