Skip to main content
A Pastoriza

Convocan na Pastoriza a praza dun enxeñeiro técnico agrícola

Por 26 Xullo, 2021Sin comentarios

A área de Medio Rural do Concello da Pastoriza, despois da publicación no BOP da provincia o día 24, iniciou os trámites para a contratación temporal dun enxeñeiro técnico ágricola ou forestal, o prazo de presentación é de 5 días hábiles despois da publicación no BOP.

A  duración do contrato será ata o 31 de decembro de 2021, cunha xornada a tempo completo e cun salario bruto de 1.540 euros ao mes.

Os interesados en formar parte desta convocatoria deberán estar en posesión do título de enxeñeiro técnico ágricola ou forestal, acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, dispor de carne de conducir clase B.

Segundo informan nas bases, as funcións que lle serán encomendadas son:

  • Informes sobre danos e deficiencias do patrimonio municipal.
  • Labores de inspección do cumprimento da ordenanza reguladora da corta e saca de madeira.
  • Labores de inspección e cumprimento da ordenanza reguladora do uso das vías públicas.
  • Seguimento e control dos expedientes sancionadores polo incumprimento da ordenanza reguladora da corta e saca de madeira.
  • Informes relacionados co inventario de bens e dereitos do concello, medicións, investigación e recuperación de bens patrimoniais.
  • Calquera outro relacionado co posto de traballo

As bases desta convocatoria poderán consultarse na sede electrónica do Concello da Pastoriza.