Skip to main content
As Pontes

Alumnos e comerciantes das Pontes colaboran no estudo da pegada de carbono

Por 5 Xullo, 2021Sin comentarios

Durante os últimos meses, os alumnos do IES Moncho Valcarce, en colaboración co Ceida (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), estiveron aprendendo e traballando sobre a pegada de carbono e o seu impacto ambiental.

Varios establecementos asociados a Cohempo foron elixidos entre os seus alumnos para levar á práctica o aprendido, mediante o uso da calculadora Carbon Footprint.

Unha vez rematada esta actividade, os alumnos do Moncho Valcarce entregaron aos comerciantes os seus carteis os cales mostran cal é a súa pegada de carbono (comparándoas coa media española e europea) e tamén lles deron algúns consellos para lograr reducila.

Á reunión asistiron alumnos, profesores, comerciantes e representantes do Ceida, Concello de As Pontes e Cohempo.

Colaboraron nesta iniciativa Xandra, Nexo Centros Veterinarios As Pontes, La Estrella As Pontes, La Cottoneria, Sonia; Lujo, London Centre As Pontes, Las Torres, Severiano Agrocomercial, Delapiccola food bar e Aleira.