Skip to main content
As Pontes

Adxudicadas as obras do saneamento en Bermui

Por 22 Xullo, 2021Sin comentarios

A Xunta de Goberno Local do Concello das Pontes adxudicou á empresa Excavaciones Saavedra y López, as obras da primeira fase de mellora do saneamento na parroquia de Bermui.

Un proxecto, cun orzamento de licitación de 107.720 euros, que permitirá a execución da estación depuradora e a canalización da rede ata os lugares de a Graña e O Caxado.

O colector principal discorrerá desde a parcela onde se situará a estación depuradora ata o núcleo da Graña, e conectarase co colector proveniente do núcleo de O Caxado a unha profundidade suficiente que garanta a conexión dos colectores que se executarán con posterioridade.

Para a depuración das augas residuais optase pola instalación dunha fosa séptica prefabricada dotada con filtro biolóxico, con tres compartimentos diferenciados, un primeiro compartimento para a decantación dos sólidos e a separación de escumas e graxas, un segundo compartimento para a metabolización da materia orgánica e finalmente o terceiro compartimento incluirá un filtro biolóxico para a depuración dos restos orgánicos. Finalmente, procederase á reposición dos pavimentos ao estado actual.