Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

O Concello de Rábade adxudica a redacción do PXOM

Por 9 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Rábade adxudicou a Estudio Técnico Gallego, por un importe de 78.000 euros, a redacción do PXOM e de actualización da cartografía do municipio.

Esta empresa gañou o contrato, ao que tamén optaban outras dúas firmas cun prezo de licitación fora de 85.000 euros.

O prazo máximo de execución destes traballos urbanísticos é de catro anos, aínda que as estimacións municipais son de que esté rematado en dous anos.

De todo o contratado xa hai traballos avanzados de topografía, planimetría e inventario que xa foron executados para a elaboración do plan urbanístico que foi aprobado no ano 2008, unha norma que despois foi anulada polo Tribunal Supremo ao carecer dun informe da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.