Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

28 obras participaron no Certame de Pintura Rápida de Rábade

Por 17 Xullo, 2021Sin comentarios

Alberto Fernández Hurtado, de Segovia, foi o gañador do Certame de Pintura Rápida de Rábade, que se celebrou en Rábade coa participación de 28 artistas, procedentes de distintos puntos de España.

O segundo posto foi para Andrés Gabarri Cagiao, de Ferrol e o terceiro lugar ocupouno Abrahan Pinto Mendoza, de Sevilla. Tamén se concedeu un cuarto premio a Isabel Seides, dende Amoeiro.

Estes premios estiveron patrocinados polo Concello de Rábade, Finsa, Mercontrol e Transportes Jonathan, respectivamente.

O concurso, que este ano alcanzou a súa edición número XIII organizado polo Concello de Rábade, repartiu un total de 3.400 euros en premios.

O Certame de Pintura Rápida de Rábade conta cada ano cun maior interese tanto por parte dos artistas como dos veciños da vila, que adoitan seguir en directo a evolución das obras.