Skip to main content
MeiraRiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Melloran a sinalización dos roteiros de Avelino Díaz

Por 20 Xullo, 2021Sin comentarios

A asociación cultural Avelino Díaz segue a traballar no obxectivo final de conseguir para o poeta local a distinción do Día das Letras Galegas. Para iso o colectivo está a deseñar e acondicionar dous novos roteiros en Meira, especialmente dirixidos aos escolares, co obxectivo de fomentar as visitas dos centros educativos á localidade.

O primeiro destes itinerarios xa foi estreado fai o pasado mes de xuño e leva por título Andainas con Avelino. Paseo, poemas e xogos familiares. A satisfacción polo resultado obtido trouxo a idea de continuar con estas idea, razón pola que están a preparar os novos roteiros.

O segundo roteiro que teñen en mente incluiría tamén un dos grandes símbolos meiregos, o Pedregal de Irimia dirixido para os grupos de alumnos de máis idade. Este está aínda pendente de rematar o seu deseño.

Así, serían tres as propostas vinculadas a Avelino Díaz, xa que actualmente está en funcionamento o roteiro de dez quilómetros que une a casa natal de Avelino, no lugar de Travesa da parroquia da Órrea, en Riotorto, coa casa na que Avelino viviu en Meira, na Pena.

Precisamente neste itinerario están a traballar voluntarios da asociación, que están a renovar toda a sinalización. De feito, colocáronse algo máis de 20 novos indicativos, financiados pola Deputación de Lugo.