Skip to main content
Vilalba

O PP de Vilalba reuniuse cos veciños da parroquia de Codesido

Por 3 Xullo, 2021Sin comentarios

A presidenta da Xestora, Sanda Vázquez, e outros integrantes da formación -Amador Guerra, Inma Ramudo e José Manuel Barrio-, proseguiron coa rolda de contactos que están a levar a cabo coas distintas asociacións co obxectivo de escoitar as súas necesidades e de recoller a súas propostas.

Sandra Vázquez lembra que escoitar as súas inquedanzas era un compromiso que asumimos nas distintas convocatorias electorais. Ademais, aproveitaron a reunión de traballo para informar aos asistentes das distintas axudas que lidera a Xunta de Galicia e das que se poden beneficiar as asociacións e colectivos, e incluso a nivel particular. Trátase, di a presidenta da Xestora, de “estar máis cerca dos veciños e ter un contacto directo con eles”.