Skip to main content
Vilalba

Comerciantes da rúa da Pravia convocan aos veciños a unha asemblea o luns

Por 10 Xullo, 2021Sin comentarios

Os comerciantes vilalbeses contrarios aos cambios de dirección da rúa da Pravia seguirán coas súas protestas. De feito, programan novas convocatorias para a próxima semana, comezando cunha reunión aberta a todos os veciños.

Esta asemblea será o luns, a partir das 20.30 horas, nos soportais da praza da Constitución, co obxectivo de abordar novas actuacións e chegar a posturas comúns respecto aos cambios no tráfico da céntrica rúa.

Así mesmo, a concentración semanal indefinida que está convocada para todos os martes cambia esta semana de localización e horario. Así, en vez de ao mediodía e diante do consistorio pasará a realizarse diante da Alameda Basanta Olano, na rúa da Pravia, a partir das 20.30 horas.